CIENCIAS APLICADAS 4º ESO
EXPERIMENTO CASEIRO: UNHA CASCA DE OVO DISTINTA
O ovo está formado por casca (carbonato de calcio), clara (auga e proteínas) e xema (rica en lípidos, proteínas e auga). Se o metemos durante 48 horas nunha disolución de ácido acético (vinagre) cunha concentración non superior ao 5%, entran en contacto o carbonato de calcio co ácido acético que producen ácido carbónico que se descompón en auga e CO2.
O calcio e o acetato dan lugar a acetato cálcico. Prolóngase no tempo ata que desaparece o carbonato, polo que a casca de ovo desaparece.O ácido acético difúndese, entra en contacto coa clara, produce un descenso do seu pH e desnaturaliza as súas proteínas, que se converte nunha capa máis grosa e elástica.
Intentade na casa e logo xa me contades que tal vos foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario